O Supremo determina que os datos en redes P2P son públicos

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Un fallo do Tribunal Supremo determina que os datos que circulan por redes de intercambio de ficheiros (P2P) son públicos polo que non estarían protexidos polo dereito á intimidade nin polo dereito ao segredo das comunicacións, polo que a Policía pode acceder aos mesmos sen autorización xudicial previa, o que facilitará o traballo ao equipo de Delitos Telemáticos da Policía Xudicial da Garda Civil (e outros corpos de seguridade do Estado) na Internet á hora de localizar a persoas que intercambien pornografía infantil.
A sentenza do Tribunal anula unha resolución anterior da Audiencia de Tarragona que absolvera dun delito de facilitación da difusión de pornografía infantil a unha muller usuaria de eMule.

PUBLICIDADE