O Street View incorpórase á versión web móbil para iOS de Google Maps

xoves, 4 de outubro do 2012 Marcus Fernández

A eliminación da aplicación de Google Maps de iOS 6 deixou aos usuarios de iPhone, iPod Touch e iPad orfos dun servizo de mapas de calidade, o que polo momento podía intentar suplirse coa versión web do servizo de Google, pero que ofrecía unha experiencia moito máis incompleta que a súa aplicación nativa, o que vén de solucionarse parcialmente hoxe coa incorporación de Street View á versión web do servizo para dispositivos móbiles de Apple, que está lonxe da ferramenta anterior, pero que pode servir de consolo mentres Google non decida remitir unha nova aplicación de Google Maps á App Store.
Os dispositivos móbiles que non son de Apple continúan a carecer da versión web de Street View, pois gozan de aplicación nativa de calidade para facer uso do servizo, o que dá a entender que esta medida por parte da compañía de Mountain View só busca consolar aos usuarios de trebellos de Apple, frustrados pola mala calidade da aplicación de Apple Maps.

PUBLICIDADE