O Social Media galego celebrará a súa festa anual en Cangas o vindeiro 18 de outubro

xoves, 9 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Frankie Gómez impartirá un relatorio de apertura na terceira edición do MexilOnseTuits

O vindeiro 18 de outubro o Auditorio Municipal de Cangas acollerá por primeira vez unha edición do Festival Social Media de Galicia MexilOnseTuits, que comezará cun relatorio de Frankie Gómez, director xeral de ConfirmSign, empresa especializada en certificación electrónica, que é todo un expoñente do emprendemento tecnolóxico en Galicia e un dos promotores dos encontros coñecidos como LaconNetwork. O encontro tamén contará cunha charla de Eduardo García Erquiaga, anterior director da Escola de Negocio NovaCaixaGalicia, quen chegará a súa experiencia como docente de dirección de empresas e de estratexias empresariais.
En MexilOnseTuits entréganse os Premios Galegos do Marketing en Medios SociaisPero a cerna deste certame non é outra cousa que a entrega dos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais que por terceiro ano outorgaranse no MexilOnseTuits, recoñecendo así o traballo que no ámbito dos blogs e as redes sociais se desenvolve dende Galicia. Os membros do xurado destes premios tamén participarán nunha breve mesa redonda para completar o programa de actividades deste encontro.
Para animar ao público a participar deste evento, MexilOnseTuits limitará ás súas actividades formais á sesión de mañá, de xeito que tras o xantar no que procurarase potenciar o networking entre asistentes e finalistas dos Premios, terá lugar unha sesión de branding ioga orientada a coidar a mente e o corpo do profesional. Esta actividade é unha idea da profesional do marketing Raquel Lemos e a profesora de ioga Victoria Ambrós, que combinan talentos para axudar a eliminar o estrés profesional e axudar a trunfar no eido laboral.
Completará a xornada un paseo en barco pola ría de Vigo que coincidirá coa marcha do Oasis of the Seas, o maior cruceiro do mundo.
Os interesados en asistir ao evento poden inscribirse en liña, tendo só que aboar 15 euros no caso de querer participar do xantar, sendo de balde a participación ás charlas e á entrega de premios.

Finalistas dos Premios MexilOnseTuits 2014

Imaxe da pasada edición dos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais

Esta nova edición dos Premios entregados ao abeiro do Festival de Social Media de Galicia contou non numerosas candidaturas nas súas diferentes candidaturas, das que o xurado composto por 14 profesionais do sector elixiu a 3 finalista por cada unha:
Mellor blog de moda:
- Paula Deiro’s Secrets
- Blog Ela Diz
- Siempre hay algo que ponerse
Mellor blog gastronómico:
- Travi en la cocina
- Ni mata ni engorda
- Uno de dos
Mellor blog informativo-cultural:
- Briefing Galego
- Tanaka Music
- Vivir na Coruña
Mellor blog turístico:
- Abalargalicia
- Galicia Enteira
- Chavetas
Mellor campaña comercial:
- Elogia – NX Abanca
- Tic&Tic – Contucocina
- Viajeros Low Cost
Mellor campaña social:
- Sex Invader
- Salvemos Galicia da megaminería
- Día Internacional do Cocido
Mellor integración e-commerce:
- Tic&Tic
- Saborplace
- Talaso Atlántico
Mellor vídeo viral:
- Morrer en Jalisia
- Salvemos Galicia da Megaminería
- A Bertolina

PUBLICIDADE