O Skype xa está dispoñible para máis de 200 millóns de móbiles de Nokia

mércores, 3 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Pese á oposición de numerosas operadoras de telefonía móbil, a Ovi Store incorporou finalmente para a súa descarga de balde unha versión da aplicación Skype para a plataforma Symbian, de xeito que esta ferramenta de mensaxería instantánea e VoIP incremente o seu público potencial en máis de 200 millóns de usuarios.
Entre as vantaxes do Skype está o feito de permitir chamadas de balde entre terminais que o teñan instalado (tanto a través de Wi-Fi coma de 3G), e a listaxe de móbiles de Nokia compatibles con esta nova aplicación é moi completa, incluíndo os seguintes: Nokia E72, Nokia E71, Nokia E90, Nokia E63, Nokia E66, Nokia E51, Nokia N96, Nokia N95, Nokia N95 8Gb, Nokia N85, Nokia N82, Nokia N81, Nokia N81 8 Gb, Nokia N79, Nokia N78, Nokia 6220 classic, Nokia 6210 Navigator e Nokia 5320.
O Skype para iPhone é xa unha aplicación de moito éxito, pero coa súa incorporación á Ovi Store, Skype achégase a un parque de terminais moi superior ao de Apple. Entre as vantaxes do uso de Skype están a posibilidade de realizar chamadas de voz de balde entre usuarios da aplicación (sen importar o país no que estean), aforrar cartos en chamadas e mensaxes en comunicacións internacionais, remitir e recibir mensaxes instantáneas, compartir imaxes, vídeos e outros ficheiros e coñecer cando os nosos contactos no Skype están dispoñibles.


Vídeo de presentación do Skype para móbiles de Nokia

PUBLICIDADE