O Service Pack 3 para Windows XP xa está listo

martes, 22 de abril do 2008 Marcus Fernández

Finalmente Microsoft rematou o Service Pack 3 para Windows XP, de xeito que comeza a súa distribución entre os distintos fabricantes de equipos informáticos para que poidan integrar esta grande actualización do veterano sistema operativo de Microsoft.
O SP3 integrará as actualizacións para XP aparecidas dende o SP2, pero tamén serve para implementar pequenas melloras que poderían servir para mellorar o rendemento de Windows. Entre estas novas prestacións estaría a protección de acceso de rede presente actualmente en Windows Vista e Server 2008 e un panel de opcións de seguridade mellorado, aínda que un dos principais obxectivos de Microsoft co lanzamento deste paquete de actualización é que os usuarios que foron ignorando as distintas actualizacións aparecidas nos últimos peses poñan o seu equipo ao día.
O tamaño da descarga, segundo o nivel de actualización da nosa instalación de Windows, será de entre 70 e 580 Mbytes, e só se pode aplicar á versión de 32 bits de XP. Os usuarios poderán descargar libremente o SP3 a partir do vindeiro 29 de abril.

PUBLICIDADE