O Samsung Galaxy Fold chegará as tendas en poucas semanas
xoves, 9 de maio do 2019
O adiamento
sine dÃe do lanzamento do Samsung
Galaxy Fold tras aparecer problemas de fraxilidade coa súa pantalla, levou
a que moitos temesen que os smartphones con pantalla encartable puidesen
perigar como produtos de mercado que pretenden crear unha nova categorÃa ao
longo do presente ano, pero semella que a situación é menos grave do que
parecÃa, e hai esperanza en que o Galaxy Fold vexa pronto a luz se atendemos ás
páxina de The Korea Herald, publicación que asegura que o
lanzamento smartphone encartable de Samsung é inminente.
O medio coreano contactou co director xeral de Samsung, Koh Dong-jin, quen
terÃa asegurado hoxe mesmo que xa analizaron os problemas que provocaron que se
estragasen varias pantallas das primeiras unidades do Galaxy Fold remitidas a
prensa e youtubeiros, e estarÃan xa a planificar o novo calendario de
lanzamentos do produto, para o que non só teñen que reforzar a pantalla do
produto, senón tamén volver pasar as certificacións e probas para que o produto
poida saÃr oficialmente á venda.
AÃnda que chegou a comentarse que a data de lanzamento do Galaxy Fold se
anunciarÃa mañá mesmo, voceiros de Samsung aseguran que o dispositivo chegará
ao mercado «nas vindeiras semanas», sen concretar unha data, pero deixando
claro que o produto non está cancelado (como chegaron a temer os máis
catastrofistas).