O Proxecto Stellae 5.0 colle impulso coa activación dos seus grupos de traballo

luns, 2 de maio do 2022 S. P.

Co remate de abril comezaron a traballar os grupos que porán en marcha as actuacións do Proxecto Stellae 5.0, destinado á xestión do patrimonio dixital vinculado ao Camiño. Dixitalización, desenvolvemento dunha infraestrutura TIC propia, creación de contidos culturais, formación e emprendemento, son os eixos do proxecto que abordaron os focus groups ao longo da pasada semana. Proxecto Stellae 5.0 forma parte do proceso de construción da Memoria Dixital de Galicia, que se alberga no Gaiás.
O Proxecto Stellae 5.0 Patrimonio dixital vinculado ao Camiño de Santiago, é unha iniciativa impulsado pola Xunta, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Axencia para a Modernización para a dixitalización do legado cultural e patrimonial da Ruta Xacobea.
Os focus groups, integrados por máis de medio cento de profesionais de entidades públicas e privadas vinculadas as diferentes liñas do proxecto. iniciaron os traballos para desenvolver as cinco actuacións que contempla Stellae 5.0 a través da colaboración público-privada: dixitalización, infraestrutura TIC, creación de contidos culturais, formación e emprendemento–, orientadas todas elas á reactivación económica e aos obxectivos incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno español.
Dixitalización
Dixitalizaranse recursos e cervos patrimoniais vinculados ao Camiño e recuperarase contido xa dixitalizado. Para conseguilo contémplase tanto a creación de rexistros audiovisuais e sonoros en formato dixital, a transformación dixital de recursos patrimoniais de base física ou analóxica, o escaneado de acervos documentais, e a aplicacións de técnicas como a ludificación ou a Realidade Aumentada.
Infraestrutura TIC
Outra das liñas de actuación é a creación dunha infraestrutura TIC especializada que “permita non soamente o almacenamento masivo de datos e información, senón a súa actualización e procesado, ou a monitoraxe e xeración de coñecemento a partir do tratamento dos mesmos”. Trátase “dunha infraestrutura dixital propia pensada para xerar valor social, cultural e económico a partir da transición dixital dos recursos patrimoniais vinculados ao Camiño de Santiago”.
Creación de contidos culturais
Estes contidos servirán de base para alimentar a infraestrutura dixital do patrimonio cultural vinculado ao Camiño de Santiago Stellae 5.0.
Formación
Prevese desenvolvemento do Mestrado en Patrimonio Cultural Dixital, unha formación de posgrao de carácter interuniversitario para alumnos procedentes de universidades españolas e latinoamericanas. Amais, activarase un programa divulgativo en educación obrigatoria, combinado cun programa formativo para a reciclaxe profesional de colectivos prioritarios nas políticas de emprego; estes últimos programas terían un carácter gratuíto, complementario e non regrado.
Emprendemento
Celebraranse actuacións asociadas de e apoio ao emprendemento asociadas á reciclaxe profesional e aos novos actores patrimoniais, cidadanía, asociacións basee, e/ou terceiro sector así como e a creación dunha aceleradora empresarial neste eido

PUBLICIDADE