O Prime Day superou en vendas ao Black Friday en Amazon.es
mércores, 12 de xullo do 2017
Ao anunciar a celebración do terceiro Prime Day confiábase
en que Amazon conseguise unhas vendas realmente impresionantes, xa que en citas
anteriores conseguiran ser o segundo dÃa de vendas por detrás do Black Friday,
pero o pasado dÃa 11 fixeron historia e dende Amazon.es confirman que os seus
clientes Prime mercaron máis produtos que no pasado venres negro.
En boa medida é comprensible que o Prime Day teña unhas vendas tan boas porque
é un dÃa de ofertas exclusivo de
Amazon, mentres que o Black Friday celébrase en numerosos establecementos, de
xeito que as compras dos consumidores están máis repartidas, aÃnda que queda
por ver se o venres negro do presente ano consegue superar o volume de vendas
do pasado martes (pois tamén temos que recoñecer que o comercio electrónico
continúa a medrar con forza, estando bastante lonxe do estancamento do seu
crecemento).
O produto máis vendido durante o Prime Day foi o lector de libros electrónicos Kindle
Paperwhite (que ofrecÃase cun desconto de 40 euros), aÃnda que tamén tiveron
unhas vendas moi importantes as tarxetas de memoria e unidades USB de SanDisk,
os teléfonos Moto G5, os portátiles Lenovo Ideapad 310, os GPS para bicicleta
Garmin Edge 1000 e os cueiros Dodot Sensitive.
As vendas por parte dos gamers tamén
se fixeron notar con decenas de milleiros de videoxogos e consolas vendidas; a
compra de fotografÃa superou un 76% a do ano pasado; os produtos de cociña
estiveron preto de dobrar as vendas con respecto ao ano pasado; os clientes de
Prime fixéronse con máis de 15.000 auriculares e 64.000 xoguetes; e tamén
rexistráronse milleiros de monitores de actividade vendidos.
Durante as 30 horas que durou o Prime Day rexistráronse unhas vendas un 60%
superiores ás do ano pasado, e tamén bateron record de novos subscritores do
servizo Amazon Prime.