O Portal TV estrea compatibilidade con Zoom

xoves, 8 de abril do 2021 Marcus Fernández

Os produtos de videoconferencia de Facebook pertencentes á familia Portal están deseñados basicamente para empregar os servizos de vídeo de Messenger e WhatsApp, pero o pulo que colleu o teletraballo nos últimos meses levounos a incorporar compatibilidade con Workplace, BlueJeans, GoToMeeting, Webex e Zoom inicialmente aos dispositivos Portal con pantalla e, nas últimas horas, tamén ao Portal TV, o trebello con forma de webcam que pode conectarse directamente ao televisor ara convertelo nunha solución de videoconferencia moi atractiva.
Con estes cambios temos que os produtos Portal pasan a ser trebellos de electrónica doméstica a ferramentas de traballo, que facilitan a realización das xuntanzas virtuais cada vez máis habituais.

PUBLICIDADE