O Parlamenteo Europeo protexe a liberdade de panorama e rexeita sobreprotexer á prensa

venres, 10 de xullo do 2015 Marcus Fernández

A francesa Julia Reda é unha das defensoras dun menor nivel de restricións por mor do copyright

A polémica proposta para limitar a liberdade de panorama dentro da Unión Europea foi finalmente rexeitada, de xeito que o uso de imaxes de edificios públicos e esculturas non terán restricións adicionais dentro da Unión, aínda que iso non afectaría aos Estados onde existen limitacións a este respecto. Con esta decisión o Parlamento Europeo parece ter claro que resulta máis interesante eliminar barreiras á cultura e ao coñecemento, facilitando tamén a creación de novos traballos; e incluso chegan a pedir que a Comisión promova novas medidas para facilitar o acceso a contidos, creando novas excepcións ao copyright que beneficien a bibliotecas e científicos ao traballar con contidos dixitais, nos que consideran que debería facilitarse o seu préstamo.

Non a un canon para a prensa

Outra medida rexeitada onte polo Parlamento Europeo foi a proposta dos conservadores alemáns para elevar a nivel comunitario leis para a protección do copyright dos editores de prensa a xeito de canon, estratexia que considérase totalmente fracasada nos países nos que se intentou algo semellante (como Alemaña e Francia) polo que non parece ter moito sentido que se pretenda replicar a fórmula. De feito, en España xa hai unha importante oposición á lexislación actual, e grandes medios están a explorar as medidas que lles permitan anular o elemento fundamental da lexislación vixente: a irrenunciabilidade dos dereitos de reprodución da prensa (que foi o que levou ao peche a Google News, prexudicando claramente aos medios que recibían unha importante cantidade de tráfico de tal fonte).

O Parlamento Europeo preferiu non fortalecer o copyright na Unión

PUBLICIDADE