O PSdeG-PSOE presenta nova páxina web

luns, 11 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Ricardo Varela durante a presentación da nova web

Ricardo Varela, secretario de organización do PSdeG-PSOE, presentou hoxe a nova web do Partido Socialista de Galicia, que pretende converterse nun elemento útil para o público á hora de coñecer máis polo miúdo o Partido e a súa actividade, publicando novidades, comentarios, blogs, vídeos, a axenda e as imaxes máis buscadas.
A nova páxina presenta un deseño actual e moderno que, seguindo as últimas tendencias, tamén contará cunha televisión propia na que se poden ver vídeos en diferido e mesmo se poderán seguir en directo algúns eventos do Partido.
A blogosfera tampouco é allea ó novo espazo, que serve para dar a coñecer distintos blogs de militantes e candidatos socialistas.

PUBLICIDADE