O PP propón a creación dun Premio Nacional do Blog

luns, 29 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O Grupo Parlamentario Popular propón nun escrito á Mesa do Congreso a creación dun Premio Nacional do Blog, que sería o primeiro galardón deste tipo asociado a un organismo oficial e pretendería recoñecer a importancia da Internet «coma un novo espazo de creación», aínda que non falta que considera absurda esta iniciativa, pois un blog é simplemente un soporte de publicación, non definindo un tipo de contidos, polo que se metería no mesmo saco a blogs literarios, xornalísticos, deportivos, tecnolóxicos, de ligazóns, de vídeo, podcasts… de aí que o divulgador Álvaro Pons comente que os premios nacionais non deberían atender ao formato de creación, de xeito que para recoñecer á «Internet coma un espazo de comunicación» o propio sería considerar o medio ao mesmo nivel que o papel.
Dende a blogosfera non son poucos os que consideran moi positiva a iniciativa popular, outros temen a súa posible politización, a existencia de varios premios para blogs (tanto en España como a nivel internacional) tamén é destacada por algún, polo que entendemos que este tema creará bastante debate nos vindeiros días (cando menos nos blogs).

PUBLICIDADE