O PP convida a facer click por Rajoy

luns, 25 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Os partidos políticos están xa en plena campaña electoral en toda España e na Internet, sorprendendo con algunhas iniciativas que buscan chamar a atención do usuario, coma Un Click por Rajoy, espazo promovido polos seguidores do Partido Popular no que convidan ós internautas a premer un botón en apoio ó candidato popular.
Aínda que este tipo de iniciativas non teñan relación algunha coa intención de voto, serve para levantar a moral do seguidores das formacións políticas, de xeito que dende o pasado venres a web que promove a figura de Mariano Rajoy xuntou máis de 11 millóns de clicks.

PUBLICIDADE