O OpenOffice 3.1 pode descargarse na súa versión en inglés

martes, 5 de maio do 2009 Marcus Fernández

De xeito pouco advertido xa está dispoñible para a súa descarga o OpenOffice.org 3.1 en inglés dende distintas páxinas web (e mesmo entre os servidores FTP da Universidade da Coruña), tratándose realmente da versión final desta aplicación, aínda que na web oficial do produto só está presente a versión 3.0.1 (algo que supomos que cambiará nas vindeiras horas, e que tamén incorporaría as versións en español e galego da suite ofimática libre máis popular).
Esta nova versión do OpenOffice.org inclúe moitas novidades e corrixe moitos erros detectados en entregas anteriores. Entre as novas características estaría o suavizado de debuxos, a resposta a notas, mellor corrector gramatical, administración e ordenación de ligazóns, soporte de macros no Open Office Base, rutas relativas en bases de datos, control do zoom dende a barra de estado e moitos outros detalles.
O programa está xa dispoñible nas súas versión para Windows, Linux e Mac OS X.

PUBLICIDADE