O Observatorio de Prezos axuda aos cidadáns a elixir onde facer a compra diaria
luns, 1 de decembro do 2008
- A nova web permite comparar prezos segundo distintos criterios
Miguel Sebastián,
ministro de Industria, Turismo e Comercio, presentou hoxe o Observatorio de Prezos do Comercio
Minorista, unha ferramenta baseada na Internet que permite informar sobre
os produtos de consumo e fomentar o aforro na cesta da compra dos cidadáns, que
elixindo axeitadamente entre distintos establecementos nos que facer as súas
adquisicións diarias poden chegar a aforrar a terceira parte os seus gastos en
produtos de alimentación e droguerÃa.
A
nova páxina web compara 187 produtos de máis de 4.161 establecementos en 56
cidades españolas (entre as que están a 4 capitais de provincia galegas e Vigo),
e pode resultar de grande utilidade para establecer novos ámbitos de consumo en
tempos de crise, aÃnda que a poucos cidadáns sorprenderá que sitúe a
supermercados coma Gadis ou Froiz en posicións de aforro (xunto con casos
puntuais de Haley e Eroski) mentres que El Corte Inglés e Supercor estarÃan ao
outro lado da balanza.