O OMV coruñés Ocean’s estrea tarifas para usuarios que dan prioridade á navegación dende o móbil

xoves, 27 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O Operador Móbil Virtual (OMV) coruñés Oceans’s, do que xa falamos cando lanzou as súas tarifas melódicas a primeiros de ano, vén de estrear un par de tarifas móbiles para usuarios que dan máis importancia a acceder á Internet que a falar.
A tarifa Mega 9 permite que por 9 euros/mes poidamos gozar de 500 Mbytes de transferencia a máxima velocidade (tras a que reducirase a velocidade a 128/64 Kbps) incluíndo 40 minutos en chamadas e 40 mensaxes de texto. As chamadas que superen os 40 minutos de balde cobraranse a 7 céntimos/min. e as mensaxe de texto a 15 céntimos. O establecemento de chamada con esta tarifa será de 15 céntimos e é compatible con módulos adicionais como o servizo multiSIM (3 euros/mes) e Números Propios (con 1.000 minutos/500 chamadas de balde aos números asociados por 5 euros/mes).
A tarifa Mega 25 incluirá 2 Gb de transferencia de datos a máxima velocidade, 100 minutos en chamadas, 300 mensaxes de texto e o servizo multiSIM por 25 euros/mes, coincidindo no resto de condicións coa tarifa anterior.

PUBLICIDADE