O Nokia N900 podería gozar de arranque dual Maemo-Android

luns, 25 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Nos ordenadores persoais moitos usuarios optan pola instalación de varios sistemas operativos, podendo elixir no momento do inicio do equipo cal queren utilizar, e agora no blog de Brandon Roberts amosan nun vídeo que é posible levar tal práctica a teléfonos móbiles coma o Nokia N900, de xeito que é posible hackealos para que permitan elixir se arrincar o sistema operativo Maemo dende a súa unidade interna de almacenamento ou o sistema operativo Android dunha partición aparte nunha tarxeta microSD.
Polo momento estariamos ante unha «proba de concepto», pero resulta moi interesante a posibilidade de poder gozar de dous sistemas operativos móbiles no potente N900 de Nokia, o que daría unha maior liberdade e versatilidade aos seus usuarios.


Vídeo de demostración do dual-boot no Nokia N900

PUBLICIDADE