O Mobile World Congress permitirá identificar aos visitantes mediante NFC

mércores, 6 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

O vindeiro día 25 principia en Barcelona unha nova edición do Mobile World Congress, e dende Windows Phone Central dan conta que nesta edición vai ter certa relevancia unha das tecnoloxías emerxentes no sector móbil, o NFC, que a través dunha aplicación oficial dispoñible para móbiles con Windows Phone 8 ou Android 4.x, permitirá o control de acceso ao recinto no que ten lugar o encontro internacional organizado pola GSMA. Deste xeito, os usuarios que gocen dun móbil con NFC poderán instalar a mencionada aplicación, de xeito que poderán utilizar o seu dispositivo para pasar os controis de entrada tras unha validación inicial da súa identidade.
Os usuarios que queiran poder facer uso deste cómodo sistema de identificación deberán instalar a aplicación oficial no seu smartphone con NFC, cargar na mesma unha fotografía de carné para identificalos e tras a comprobación a primeira vez que se accede ao recinto do Mobile World Congress da identidade do usuario, poderá empregar a tecnoloxía NFC para pasar os distintos controis de seguridade sen ter que estar a amosar constantemente a súa fotografía para que sexa verificada in situ.
Esta solución non está baseada unicamente no móbil, senón que tamén emprega un identificador físico complementario, que emprégase para poder validar a identificación NFC na primeira ocasión.

A aplicación que facilita a identificación mediante NFC está dispoñible tanto para Windows Phone 8 como para Android 4.x

PUBLICIDADE