O Messenger supera os 1.200 millóns de usuarios activos

mércores, 12 de abril do 2017 Marcus Fernández

Hai un par de meses Facebook publicou que tiña 1.860 millóns de usuarios activos na súa rede social, 1.200 millóns de usuarios activos en WhatsApp, 1.000 millóns de usuarios activos no Messenger e 600 millóns de usuarios activos en Instagram, e nestas poucas semanas produciuse algo que sorprende especialmente en mercados como o español, onde WhatsApp é a ferramenta de mensaxería líder, xa que finalmente o Messenger igualou en usuarios activos a WhatsApp, o que supón un grande éxito para Facebook, que confirma así que a segregación da mensaxería nunha aplicación independente que pode empregarse sen ter conta de usuario en Facebook (identificando aos usuarios polo número de teléfono como fai WhatsApp) foi un grande acerto.
Así, temos que o Messenger ten xa 1.200 millóns de usuarios activos, logro realmente impresionante se temos en conta que esta ferramenta comezou a voar soa en 2014, e conseguiu dobrar en usuarios activos a Instagram, considerada como a grande aplicación do momento (que case dobra os 319 millóns de usuarios activos de Twitter).

PUBLICIDADE