O Lérez UP acadou 3.500 visitantes e converteu Pontevedra en cidade gamer

luns, 29 de agosto do 2022 S. P.

A área de Xuventude de Pontevedra organizou os días pasados (sábado e domingo 27 e 28 de agosto) a primeira edición do Lérez UP encontro deseñado para os fanáticos dos videoxogos, do manga e doutras ramificacións culturais. O evento, celebrado no Pazo da Cultura, veu da man do Concello en colaboración coa Asociación Gaming Troop, e incluíu obradoiros, charlas, competición e ocio; un espazo no que “descubrir novos videoxogos, novos e antigos”. Polo Lérez UP pasaron finalmente máis de 3.500 persoas. En palabras do conceiro de Xuventude, Alberto Oubiña, “foi un éxito total".
O evento repartiu as súas actividades entre o sábado de 11:00 a 21:00 e o domingo de 11:00 a 20:00, Durante a fin de semana celebráronse torneos de xogos como Tower Fall Ascension, King of Fighters XV, Tekken 7, Windjammers 2, Mortal Kombat 11 Ultimate, Soul Calibur VI, Rocket League, Guilty Gear Stive, MultiVersus¸Fall Guys, Mario Kart 8 e moitos outros, para os que os participantes puideron inscribirse durante o evento, mentres que os torneos de League of Legends, Super Smash Bros e Valorant xa tiñan as inscricións pechadas. Os premios de todas as competicóns foron importantess, destacando especialmente a contía relativa ao Super Smash Bros, que foi de mil euros máis o bote do rexistro.
Para os amantes dos videoxogos clásicos tamén houbo unha Zona Retro organizada pola asociación Retro Galaicos, que fixo rememorar aos asistentes o fenómeno que supuxeron as máquinas recreativas de finais do século pasado.
Amais do ámbito máis puramente gamer, houbo torneos de xogos de mesa (por exemplo Magic) e máis unha competición Jugger, unha práctica deportiva que mestura o Quidditch (o xogo aéreo das novelas de J.K Rowling) e as guerras medievais. A metodoloxía consiste en introducir a pelota chamada Jugg na base inimiga, estando todos os xogadores implicados de espadas e escudos.

PUBLICIDADE