O Jazz Club Dado Dadá presenta nova páxina web

mércores, 6 de febreiro do 2008 Fernando Sarasketa

O Jazz Club Dado Dadá fortalece a súa aposta pola Rede e por uns tempos, estes tecnolóxicos que vivimos, nos que a gran maioría dos concertos e actividades musicais se consultan a través de Internet. Dito doutro xeito e para que se entenda: practicamente a maioría dos seareiros da música en xeral e do jazz concretamente andan hoxe en día –por uns motivos ou por outros- pola Rede.
O caso é que a presenza en liña do establecemento compostelán precisaba dunha renovación e, malia que esta se está a dar ós poucos (aínda está en obras, por así dicilo), podemos ir consultando xa a programación actualizada dos vindeiros meses, a localización no mapa de Google deste local da rúa Alfredo Brañas amais dun interesante catálogo de imaxes e vídeos das actividades celebradas.
Asemade, tamén é posible levar a cabo unha subscrición co fin de ficar ó tanto das novidades ligadas ó club.

PUBLICIDADE