O Internet Explorer 8 será unha actualización oficial de Windows a finais de mes

luns, 13 de abril do 2009 Marcus Fernández

O Internet Explorer 8 leva varias semanas dispoñible para a súa descarga, pero polo momento conta con pouca penetración no mercado, cousa que podería cambiar a partir de finais de mes, cando o novo navegador web de Microsoft incluirase nas actualizacións de Windows, aínda que a súa instalación non será totalmente automática, senón que pedirá confirmación ao usuario, sendo unha actualización de alta prioridade para Windows Server 2003 e Windows XP, mentres que o seu nivel para Windows Vista e Windows Server 2008 quedará só coma importante.
Dende Microsoft están moi interesados en que os usuarios actualicen os seus navegadores porque o uso de versións vellas pode expor os equipos a distintas ameazas de seguridade, o que non impide que moitos ordenadores de todo o mundo continúen a utilizar o Internet Explorer 6, navegador obsoleto e perigoso, que incluso inspirou unha campaña apoiada por un código a instalar en páxinas web para advertir aos usuarios da necesidade de actualizar o seu navegador web.

PUBLICIDADE