O ITMATI e o CITIC tomaranlle o pulso á interrelación entre as novas tecnoloxías e a seguridade

martes, 3 de novembro do 2015 Redacción

A Facultade de Informática acolle os vindeiros 12 e 13 novembro a nova edición, a terceira xa, duns encontros destinados a amosar o potencial da interrelación entre cálculo a gran escala e protección. As Xornadas sobre Seguridade, Defensa, Tecnoloxías Matemáticas e Computacionais veñen da man do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), do que forman parte as tres universidades galegas, e contan coa colaboración do Centro de Investigación TIC (CITIC), CESEDEN, M2NICA e a Universidade da Coruña, entre outras entidades e empresas. Nesta edición inclúese un cumprido número de relatorios e unha mesa redonda a desenvolver baixo o seguinte epígrafe: Tendencias e demandas en Seguridade e a Defensa, é a tecnoloxía matemática e computacional unha ferramenta de innovación nestes ámbitos?.
As xornadas tamén contarán coa participación de INTA, OTAN, ROIA, CUD (Marín), CAG e as empresas Everis, Navantia, Aerial works e Iauditoría. Por certo que o xoves 12 ao mediodía está previsto que o CITIC dea a coñecer, da man do seu coordinador Manuel González Penedo, os seus proxectos recentes de transferencia de coñecemento e valorización de tecnoloxías.
A continuación, damos conta do programa provisional.
Xoves, 12
· 10:30 Apertura das xornadas.
Ricardo Cao Abad, vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC.
Representante ROIA/CESEDEN ou outra institución vinculada a Defensa
Luís Hervella Nieto, cecano Facultade de Informática da UDC.
Carlos Vázquez, CITIC, ITMATI, catedrático Matemática Aplicada, UDC (Comité Científico e Organizador).
· 10:50-11:35 Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (Lugo)
Bartolomé Marques Balaguer. subdirector xeral do INTA.
· 11:35-12:10 ITMATI, un centro para favorecer a transferencia e a innovación: Solucións en Seguridade e Defensa con Tecnoloxía Matemática? (título provisional)
Peregrina Quintela, directora de ITMATI/Catedrática Matemática Aplicada USC
· 12:10-12:35 Descanso: refrescos/café
· 12:35-13:10 CITIC: Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Proxectos de transferencia de coñecemento e valorización de tecnoloxías
Manuel F. González Penedo, coordinador CITIC
· 13:10-13:45 Relatorio Aerial Works
Ángel del Real. Socio en Aerial Works S.L.
· 14:00 Xantar
· 16:00-16:35. Relatorio IMI
Ángel Ramos, profesor titular Matemática Aplicada, Universidade Complutense de Madrid, IMI
· 16:35-17:10 iAuditoría unha ferramenta para a seguridade e a defensa
Hugo Caridad Cordeiro, CEO iAuditoría.
· 17:10-17:45 Hora Oficial española e implicacións técnicas para a súa realización: Tándem Patrones - Sistemas de Transferencia de Tempo
Francisco Javier Galindo Mendoza, xefe da Sección de Hora do Real Instituto e Observatorio da Armada
Venres, 13
· 09:30-10:05 Real Instituto e Observatorio da Armada: unha institución ao servizo da Ciencia e a Defensa.
José Martín Davila, director do Real Instituto e Observatorio da Armada
· 10:05-10:40 Estudo da mitigación de ruído de banda larga radiado por unha hélice mediante modelización matemática
Santiago González Tejero, enxeñeiro senior do Departamento de Hidrodinámica en Navantia
· 10:40-11:15 Organización de Ciencia e Tecnoloxía na OTAN.
Federico Santiago Pérez Dueñas, Modeling and Simulation Coordination Office en NATO Sto.
· 11:15-11:45 Descanso: refrescos/café
· 11:45-12:20 O Ártico e a Antártida, estratexia científica nos lugares máis fríos e hostís do noso planeta
Manuel Catalán Morollón, xefe do Servizo de Xeomagnetismo do Real Instituto e Observatorio da Armada
· 12:20-12:55 Relatorio Everis Aeroespacial e Defensa (pendente confirmación)
Relatora: pendente de confirmación
· 12:55-13:30 Os Centros Universitarios da Defensa e a súa achega á Seguridade e Defensa
José María Pousada Carballo, director do Centro Universitario da Defensa de Marín
· 14:00 COMIDA
· 16:00-16:35 Relatorio Clúster Aeronaútico (CAG) (pendente confirmación)
Relatora: pendente confirmación
· 16:35-17:35 Mesa redonda Tendencias e demandas en Seguridade e a Defensa, é a tecnoloxía matemática e computacional unha ferramenta de innovación nestes ámbitos?
Participan Manuel Catalán Morollón, Federico Santiago Pérez, Ignacio Azqueta Ortiz (director do INTA), Santiago González Tejero, Luis Castedo (CITIC, catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións, UDC; coordinador da Rede de Seguridade e Defensa da UDC), representantes de Everis, do CAG e de ITMATI. Modera Federico Aznar, doutor analista principal do Instituto Español de Estudos Estratéxicos, CESEDEN, capitán de Fragata.
· 17:35 Acto de clausura

PUBLICIDADE