O ITG organiza unha xornada sobre nanotecnoloxía aplicada ás PEMES na Coruña

venres, 19 de outubro do 2007 Raquel Noya

A Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia vai organizar, en colaboración con Caixa Galicia, unha Xornada Divulgativa sobre Nanotecnoloxía o vindeiro xoves 25 de outubro na sede da Fundación Caixa Galicia en A Coruña.
O acto dará comezo a partir das 19:00 horas e servirá para achegar a profesionais e responsables das PEMES as pobilidades que se abren coa nanotecnoloxía, as súas ventaxas e aplicacións na vida cotiá.
Na devandita xornada tamén se verá cómo aproveitar as oportunidades que o novo Centro Internacional de Braga lle proporcionará ás empresas galegas para o cal se contará coa presenza do seu director José Rivas Rey, referencia mundial nesta materia que compaxina a súa actividade de Director do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela coa dirección do devandito Centro Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga.
Os interesados poderán realizar a súa incripción de balde a través da web da Fundación.

PUBLICIDADE