O Goberno galego recoñece o traballo de 45 centros de FP cos premios a proxectos de innovación

venres, 26 de maio do 2023 S. P.

A Consellería de Cultura e Educación resolveu o palmarés dos seus premios ao desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional. En total, foi recoñecido o traballo de 45 centros, entre coordinadores e colaboradores.

O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica total de 840.000€, é “potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na Formación Profesional e o fomento do emprendemento”.

A esta convocatoria presentáronse un cento de proxectos, superando a participación de anos anteriores, con 49 centros coordinadores, 64 centros participantes, 167 entidades colaboradoras e máis de 250 docentes implicados. O maior aumento de propostas produciuse na modalidade B, correspondente a proxectos de innovación didáctica cun total de 55 proxectos presentados, fronte os 45 de innovación tecnolóxica ou científica.

Nesta convocatoria valorouse o potencial dos proxectos presentados para ser continuados desde o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros para dar lugar a iniciativas de emprendemento no seu viveiro industrial, como promotor da innovación aplicada na FP galega.

Innovación tecnolóxica ou científica

Do total dos premios, 17 son para proxectos da modalidade A, que teñen como obxectivo “a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos”.

Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:

CIFP Someso (A Coruña) – Adestrador de procedemento cirúrxico con aditiva
IES Monte Neme (Carballo) – REDICIR rede de dixitalización na economía circular. Aplicacións no sector primario
CIFP Universidade Laboral (Culleredo) – Simulador de subestación de intemperie de alta tensión
CIFP Ferrolterra (Ferrol) – ECOGREL
CIFP Fraga do Eume (Pontedeume) – Bean to bar. Os nosos bombóns
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) – Da presa á mesa: Prototipo de planta potabilizadora móbil
CIFP Compostela (Santiago de Compostela) – Soporte basculante para o servizo de viños en botellas de grande formato
CIFP As Mercedes (Lugo) – Design Thinking, o deseño como ferramenta de transformación. Tecnoloxías Fab Lab en contornas colaborativas.
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) – Sistema de movemento e posicionamento por levitación magnética
IES María Sarmiento (Viveiro) – Coches iónicos made in Galicia
CIFP Portovello (Ourense) – Uso de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada en aplicacións de selección de persoal
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) – Valoración e atención do paciente: aplicación de protocolos de actuación mediante realidade virtual 3D
IES de Vilamarín (Vilamarín) – Experiencia gastronómica multisensorial
IES Chan do Monte (Marín) – A lámpada de IAladina
CIFP A Granxa (Ponteareas) – Elaboración de licores de expedición de escumosos a base de viños doces de castes autóctonas e destilados galegos
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) – OrozaLab-Produtos culinarios liofilizados 6ªGama
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) – Smarthome con autoconsumo eléctrico e térmico mediante hidróxeno verde

Innovación didáctica

No caso dos proxectos de innovación didáctica, outórganse 19 galardóns. Nesta modalidade as iniciativas debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais.

A relación de iniciativas galardoadas é a seguinte:

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña) – Análise teórico-práctica da calidade do aire na cidade de A Coruña a través da biomonitorización
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) – Avanzando por unha industria téxtil máis sostible. Coiro de pel de peixe curtido de forma natural
CIFP Imaxe e Son (A Coruña) – E agora que? Podcast ponte entre o espazo educativo e o mundo profesional. Aplicacións didácticas
IES As Mariñas (Betanzos) – Maqueta didáctica funcional de vehículo eléctrico Renault Zoe, xestión de avarías bluetooth e realidade aumentada
IES Punta Candieira (Cedeira) – REAMCO1: Realidade aumentada en comunicación e sociedade nos ciclos de Grao Básico
IES de Fene (Fene) – Desenvolvemento de postos de soldadura tradicional e simulada con posicionadores adaptables
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) – Xogo competitivo de elaboración, ataque e monitorización de aplicacións vulnerables para a aprendizaxe do desenvolvemento seguro
CIFP Ferrolterra (Ferrol) – Estudo, deseño e transformación dunha moto de combustión a moto eléctrica
CIFP Leixa (Ferrol) – Recuperación, mantemento e almacenamento mediante criofilización, dun cultivo celular de Sacharomyces sp. empregada na elaboración dunha cervexa artesanal
IES San Clemente (Santiago de Compostela) – Repositorio de escenarios prácticos para despregue de infraestruturas en virtualización, contedores, cloud computing e exercicios de Red Team e Blue Team
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) – FreeFenestra
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) – Virtual Commissioning: do xemelgo dixital a posta en marcha virtual
CEE Santa María (Lugo) – Creando un patio para todos
CIFP Porta da Auga (Ribadeo) – Construción dunha maqueta sobre o sistema de freado ABS
IES Lois Peña Novo (Vilalba) – Maqueta Pila de combustible de hidróxeno
CIFP A Farixa (Ourense) – Aula tecnolóxica de enerxías renovables en contedor marítimo acondicionado
IES O Ribeiro (Ourense) – Nova olivicultura galega: AOVE galego de calidade
IES Montecelo (Pontevedra) – Ensaio de determinación da agudeza visual na discriminación das cores e problemas na percepción das cores
IES Ricardo Mella (Vigo) – MeteoLoRa

PUBLICIDADE