O GDG Ourense organiza unha charla sobre servizos en aplicacións móbiles

luns, 7 de marzo do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro xoves o espazo de coworking Magma, no centro de Ourense, servirá de escenario para un relatorio de Toni Martínez Carballo, desenvolvedor de software autónomo, no que abordará a importancia que teñen a día de hoxe os servizos nas aplicacións móbiles.
Nesta charla dará conta de elementos como API Rest, os modos de autentificación, a conexión de aplicacións con estes servizos, como deseñar código para que poida adaptarse a cambios de API e ferramentas para facer doado todo este traballo, empregando como exemplo código publicado en Github para que os asistentes podan meter “as mas na masa”.
A charla Android: Conecta a túa app con servizos da Internet está organizada polo GDG Ourense, desenvolverase de 20:00 a 21:30 horas e a súa asistencia é totalmente de balde, para o que é preciso inscribirse a través de Eventbrite.

PUBLICIDADE