O Firefox Mobile non terá versión para o iPhone

luns, 20 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os posuidores dun iPhone poden ver como unha das grandes esperanzas que tiñan postas no móbil de Apple se desvanece, pois o director de enxeñería móbil de Mozilla, Christina Sejersen, confirmou que non haberá Firefox Mobile para o iPhone porque Apple emprega un sistema de distribución de aplicacións pouco permisivo (impedindo a publicación de aplicacións que poidan entrar en competencia con outras da súa compañía) e pola imposibilidade de executar aplicacións en segundo plano (que non é unha limitación real do terminal, senón unha imposición de Apple).
Non hai que esquecer que a compañía de Steve Jobs é unha das promotoras do motor WebKit empregado por Safari e Google Chrome, que é un dos principais competidores do motor Gecko empregado por Firefox, polo que parece lóxico que dende Mozilla prefiran afastarse de Apple.

PUBLICIDADE