O Firefox 8.0 xa está dispoñible para a súa descarga

luns, 7 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Pese a non terse anunciado oficialmente, xa podemos descargar o Firefox 8.0 en galego

Hai pouco máis dun mes saía oficialmente o Firefox 7.0, e aínda que o navegador web da Fundación Mozilla continúa na versión 7.0.1, xa é posible descargar a súa versión 8.0 en galego para Windows, Mac OS X e Linux, que pode interesar a moitos habituais desta popular aplicación (pese a que vai perdendo pulo, principalmente pola forma que está a tomar o Google Chrome) xa que inclúe novidades de interese como a incorporación de Twitter na barra de busca, mellor soporte de HTML5, carga de lapelas baixo demanda (mellorando o tempo de inicio cando se restaura unha fiestra), a desactivación de xeito predeterminado dos engadidos de terceiros (preguntando os que queremos activar, evitando así sorpresas desagradables), melloras de estabilidade... o que veñen a ser os cambios habituais dunha nova versión do navegador de Mozilla, que aínda non foi anunciada oficialmente, pese a que xa é unha versión estable. Espérase que o lanzamento oficial desta nova versión do Firefox teña lugar mañá mesmo.

PUBLICIDADE