O DivX 7 soporta ficheiros Matroska

xoves, 8 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A versión 7 de DivX xa está aquí, e cumprindo co agardado, o novo estándar de compresión de vídeo mellora o seu soporte de alta definición e amplía as capacidade do seu reprodutor multimedia, que agora tamén é capaz de amosar vídeo en alta definición de arquivos Matroska (.mkv) que actualmente é un estándar de facto na Internet para este tipo de contidos multimedia.
A actualización do DivX tampouco esquece a compresión H.264 e o son en AAC, e se pode descargar de balde na súa edición básica, mentres que os usuarios que queiran converter vídeos a DivX nun único paso, exportar vídeos en .divx, .avi e .mkv, utilizar parámetros de configuración avanzados e contar co perfil de codificación DivX Plus HD deberán pagar 15,99 euros para facerse coa versión profesional deste popular codec.

PUBLICIDADE