O Diario de Navarra estrea versión para lectores de e-books

luns, 1 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O Diario de Navarra convértese no primeiro xornal español en ofrecer unha edición especial para lectores de libros electrónicos, medio do que agardan unha importante expansión nos vindeiros anos.
A cabeceira xa ofrecera aos seus lectores unha promoción limitada de dispositivos iLiad de iRex, para formar parte dun grupo de traballo que ofrece información útil para mellorar as prestacións do produto.
Os usuarios só teñen que situarse nunha zona Wi-Fi ou conectarse á Rede por cable para recibir a actualización diario da publicación de xeito que poderán ler unha edición especial adaptada a un lector de libro electrónico, para o que a cabeceira contou coa achega técnica da empresa navarra Leer-e.

PUBLICIDADE