O Concello de Vigo dixitalizará 133.307 páxinas do Arquivo Xeral Municipal

martes, 10 de agosto do 2021 S. P.

O Concello de Vigo aprobou a solicitude de subvención á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para a dixitalización do patrimonio cultural de Vigo. O obxectivo é o tratamento informatizado de 133.307 páxinas do Arquivo Xeral municipal.
O importe é de 88.716 euros e está cofinanciado cos Fondos Europeos FEADER. Trátase de documentos que van desde o século XV ata o XX que que agora son custodiados polo Concello.
O alcalde Abel Caballero enumerou a escolma feita de arquivos, que, segundo dixo, permitirá unha mellor conservación e acceso ao público xeral.
Entre os documentos están o Libro de Actas da Xunta Municipal del Concello de Bouzas, outros libros do Concello de Bouzas datados desde 1599 ata 1751, libros das actas do pleno do Concello de Bouzas, libros das actas da Xunta Municipal de Lavadores, libro das actas da Comisión Municipal Permanente de Lavadores, libros de actas do pleno de Lavadores, fondos del Marquesado de Mos e Valadares e o Marquesado de Valadares.

PUBLICIDADE