O Concello de Vigo destinará 120.000 euros a impulsar a eAdministración

mércores, 25 de setembro do 2019 Redacción

O Concello de Vigo anunciou esta semana que vai investir 120.000 euros para simplificar e reforzar a tramitación electrónica. Este proxecto de fortalecemento da eAdministración, “unha actualización do servizo de rexistro para facer máis doada a relación entre a cidadanía e o Concello”, foi aprobado este martes 24 pola xunta de goberno.
En palabras do Concello de Vigo, o obxectivo é “seguir reforzando o servizo electrónico para os cidadáns cun novo sistema informático de rexistro entrada/saída facilitando e simplificando a relación da cidadanía coa Administración local”. Este novo modelo, ademais de beneficiar a comunicación externa coa veciñanza e as empresas, mellorará a conectividade interna. “Trátase dun avance na automatización do funcionamento do rexistro municipal, reducindo os tempos e as cargas administrativas”, engadiron fontes do Goberno local.

PUBLICIDADE