O Concello de Foz segue a renunciar ó galego nunha boa parte da súa web

luns, 22 de outubro do 2007 Fernando Sarasketa

A CiberIrmandade da Fala continúa co seu labor de protección do galego na Rede e de observatorio a tempo completo da súa presenza, ou, para o caso, da súa ausencia. Neste senso, un dos exemplos de desleixo pola lingua máis rechamantes dos rexistrados nos últimos tempos é o do espazo web do Concello de Foz, un sitio que, malia pertencer a unha institución galega ó servizo de cidadáns que falan e viven en galego, renuncia a ofrecer unha versión no noso idioma da maior parte dos seus contidos e, a maiores, a unha boa oportunidade para dinamizalo.
Neste senso e como vén sendo costume, o dito colectivo en liña convídanos a facerlle chegar ó Concello de Foz un correo electrónico co obxectivo de lembrarlle que existe unha lei (a Lei de Normalización Lingüística, promulgada hai case dúas décadas) e que é preciso cumprila.

PUBLICIDADE