O Concello de Brión pon en marcha, un ano máis, o seu Plan de Alfabetización Dixital

mércores, 7 de marzo do 2007 Raquel Noya

Tra-lo éxito da pasada edición, o Concello de Brión puxo en marcha de novo o seu Plan de Alfabetización Dixital. Este ano, os cursos que ofrece dende o mes de xaneiro, tanto para os veciños do concello como para aqueles interesados procedentes doutros concellos, van dende a Xestión de contas de correo electrónico (celebrado no pasado mes de febreiro), Iniciación ó Microsoft Word 2003 (que remata o vindeiro 9 de marzo) ou as Ferramentas para a xestión das asociacións, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de marzo no Centro Social Polivalente, en Pedrouzos.
Ademais, incluídos dentro do Plan de Alfabetización Dixital, o Concello de Brión ten prevista a realización doutros cursos como: Iniciación ó Microsoft Access 2003, Iniciación ó Adobe Photoshop CS, perfeccionamento do Microsoft Word 200 ou Creación e composición fotográfica. Todos eles van destinados a aqueles interesados en ampliar os seus coñecementos no referente ó eido dixital, ben veciños do propio concello, que teñen un desconto no importe da matrícula, ou procedentes doutros concellos da xeografía galega.
Ademais dos cursos incluídos no Plan de Alfabetización Dixital, o concello ten previsto realizar outros talleres de formación ocupacional e de lingua galega.

PUBLICIDADE