O Concello de Ames inicia os traballos para situarse na vangarda de servizos TIC
mércores, 14 de febreiro do 2018
O
Concello
de Ames comezou neste mes de febreiro os traballos relativos á
optimización dos servizos públicos a través das novas Tecnoloxías
da Información e a Comunicación (as TIC) e a implantación da
Administración Electrónica, que é, segundo informa o Goberno
local, un dos catro grandes obxectivos incluídos na Estratexia DUSI
Impulsa Ames. Segundo engade o Concello, a empresa
tecnolóxico-dixital Balidea, con sede en Santiago, será a encargada
de desenvolver os ditos traballos.
As
tarefas a desenvolver, co-financiadas a través do programa europeo
FEDER de Crecemento Sustentábel 2014-2020, consistirán en parte
nunha auditoría que avaliará a situación actual do Concello no
eido das TIC. Ademais, a devandita empresa ofrecerá asesoramento e
apoio técnico, coa formación dunha oficina técnica, para a
colaboración na redacción dos pregos necesarios para a contratación
dos novos servizos que se consideren mellorábeis.
O
Concello de Ames foi seleccionado na segunda convocatoria europea de
Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentábel e Integrado
(DUSI), co-financiada polo programa europeo FEDER de Crecemento
Sustentábel 2014-2020. O Goberno local sinala que o devandito
implica a concesión dunha axuda de 5 millóns de euros, aos que o
Concello de Ames sumará 1.250.000 euros. En total entre 2018 e 2022
investirase 6.250.000 euros nas accións estratéxicas do plan
Impulsa Ames, que parte dun estudo de necesidades de
Bertamiráns e O Milladoiro, dado que son os espazos urbanos o
obxectivo da DUSI, aínda que o Executivo local apunta que o conxunto
de actuacións beneficiará a todo o termo municipal.
O
roteiro fixa catro grandes obxectivos estratéxicos:
· O
primeiro para a mellora de acceso aos servizos públicos a través
das TIC e a implantación da Administración Electrónica.
· O
segundo para facer de Ames “un concello integrador, ben comunicado
con transporte público e privado”.
· O
terceiro é para converter Ames nun concello sustentábel
medioambientalmente, accesíbel e con calidade de vida para a
veciñanza.
· O
cuarto e último busca “ancorar a poboación xuvenil no concello”,
brindándolle ferramentas atractivas para o seu lecer e cultura e
facilitando o emprego por medio do emprendemento.