O CiTIUS e o investigador Ismael Faro ábrennos as portas da computación cuántica
venres, 23 de marzo do 2018
Hoxe
a partir das 12.00 imos ter unha cita de gran interese co cálculo
avanzado, o cálculo que emprega principios da mecánica cuántica no
desenvolvemento de métodos, técnicas e procesos, para almacenar e
tratar datos. Estamos a falar da
conferencia Despois da IA, Computación Cuántica, un
relatorio organizado polo CiTIUS de Santiago (e dende o CiTIUS) e que
vén da man de Ismael Faro, integrante da sede central de IBM
Research e lÃder do equipo de desenvolvemento de prototipos e
servizos emerxentes na nube nas áreas de Intelixencia Artificial e
Computación Cuántica.
Na
cita de hoxe, que
poderemos seguir en streaming, o conferenciante falará da
importancia do devandito novo paradigma de computación, un aliado
fundamental nos eidos da aprendizaxe das máquinas, as simulacións
quÃmicas, a resolución de problemas de optimización de cifrado,
etc.
Ismael
Faro, como dixemos, lidera unha equipa de investigadores
especializados en computación cuántica. Foron os encargados de
crear a primeira plataforma en liña que deu acceso libre a un dos
primeiros computadores cuánticos xeneralistas (usado por 76.000
usuarios até hoxe, que executaron máis de 2 millóns de
experimentos na plataforma), e que a nivel académico permitiu xerar
máis de 60 papers a terceiras institucións.
- Ismael Faro retratado por Abdón RodrÃguez