O Centro de Excelencia de Vigo amosa este xoves casos concretos de transferencia tecnolóxica local

luns, 25 de novembro do 2013 Redacción

Esta semana, máis polo miúdo o 28 de novembro, teremos en Vigo unha boa oportunidade para coñecer de primeira casos concretos de transferencia tecnolóxica, é dicir, exemplos concretos de investigacións xurdidas dos centros de I+D e das universidades que foron aplicados e desenvolvidos con éxito no noso tecido empresarial. A cita en cuestión vén do Centro de Excelencia de Vigo, e trátase dunha xornada dirixida a amosar casos concretos do devandito, experiencias en proxectos colaborativos universidade-empresa e exemplos de viabilidade económica e social. Segundo explican fontes do Centro, cómpre que teñamos sempre en conta o potencial das universidades para impulsar o sector TIC.
De feito, din, as universidades realizan hoxe en día unha parte moi considerable da Investigación e o Desenvolvemento (I+D) estatal, e como centros de investigación e docencia dispoñen de medios e recursos a través dos que xeran resultados que poden ter aplicación na contorna socio-económica.
A actividade está especialmente dirixida a empresarios, industriais, investigadores, centros tecnolóxicos, asociacións e en xeral a calquera persoa ou entidade interesada nos resultados de I+D+i.
A continuación, damos conta do programa.
09:30h. Rexistro de asistentes
10:00h. Apertura da xornada
Regina Carreira. Vicexerente de Internacionalización da Universidade de Vigo.
10:15h. Control de convertidores electrónicos de potencia en aplicacións de enerxías renovábeis e Smart Grids.
Jesús Doval. Profesor-investigador da Universidade de Vigo.
10:45h. Da idea á realidade dunha empresa biotecnolóxica: Nanoimmunotech.
África González. Profesora-investigadora da UVigo.
11:15h. Quenda de preguntas
11:30h. Pausa
12:00h. Ecodraga: dragado ecolóxico para a limpeza por succión de fondos mariños
Isabel Fernández. Investigadora da Universidade de Vigo.
12:30h. Que facemos hoxe?
Lorenzo Pastrana. Profesor-investigador da Universidade de Vigo
13:00h. Quenda de preguntas
13:15h. Mesa redonda
14:00h. Fin da xornada

PUBLICIDADE