O Centro Demostrador TIC prepara tres obradoiros para adestrar ás empresas do sector en novas tendencias
mércores, 18 de abril do 2012
O Centro Demostrador TIC, aberto hai un ano en
Santiago (Conxo) coa fin de afianzar contactos e comunicación entre a oferta e
a demanda TIC do noso paÃs, vai organizar unha serie de obradoiros sobre o que nos depara, en materia de ferramentas
para uso común das nosas empresas, o futuro máis inmediato da Sociedade da
Información. Os obradoiros en cuestión serán un total de tres e desenvolverase
ao longo destes meses de abril e maio. Inseridos na vertente de formación e
capacitación do Centro Demostrador (que complementa a vertente de aglutinador
oferta-demanda) organizaranse baixo epÃgrafe Talleres sobre novas tendencias tecnolóxicas para PEME TIC.
Estes son, punto por punto os obradoiros
inseridos:
· Taller sobre
vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva, de 8 horas de duración,
que terá lugar o xoves 26 de abril
· Taller sobre aplicacións para smartphones e redes sociais,
de 8 horas de duración, que terá lugar o xoves 10 de maio.
· Taller sobre Cloud Computing, de 16 horas de duración,
que terá lugar os dÃas 23 e 24 de maio.
As tres actividades iniciaranse co relatorio dun experto na materia e
están pensados para ofrecer unha visión eminentemente práctica e de negocio,
que permita ás empresas obter novas ideas e mellorar o seu coñecemento sobre
ambos conceptos.
A asistencia é gratuÃta, condicionada ao aforamento do local e previa
inscrición en liña a través do
portal web do Centro Demostrador TIC.