O Centro Demostrador TIC acolle este venres o obradoiro de emprendemento do CPETIG

mércores, 24 de abril do 2013 Redacción

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) anuncia a celebración, esta semana, dun obradoiro práctico de emprendemento. Esta actividade atópase inserida dentro do convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica e o Centro Demostrador TIC de Galicia. Cómpre dicir que este obradoiro -que terá unha duración de 4,5 horas e celebrarase o venres 26 de abril (de 16:00 a 20:30 h)- vai dirixido a profesionais relacionados con actividades de prestación de servizos ben como actividade principal, ben coma secundaria.
Emporiso, a finalidade deste curso é a de formar aos que desexan realizar actividades por conta propia, no proceso de decisión da forma xurídica da súa empresa e en todos aqueles trámites que terán que afrontar para o cumprimento das esixencias mercantís, fiscais, laborais, de protección de datos e de ordenamento, mesmo achegando a posibilidade de resolución de consultas e acompañamento a distancia polo profesorado. A xornada verase completada cunha explicación dos apoios ao emprendemento que achega o Instituto Galego de Promoción Económica. Indicar que os formadores que levarán a cabo este obradoiro serán: Andrés Villamarín, Mª Begoña Costa Camino e Guillermo Viña. O lugar que dará acubillo a este curso será o Centro demostrador TIC de Galicia (Rúa Airas Nunes, s/n-Conxo. Santiago de Compostela) e, de xeito simultáneo, as aulas CeMIT de A Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Informar que o prazo de inscrición para este obradoiro de emprendemento TIC atópase arestora pechado (do 4 ao 19 de abril), sendo a matrícula gratuíta.

Programa 1. FORMAS XURÍDICAS BÁSICAS.

2. TRÁMITES
2.1. O AUTÓNOMO ou empresario individual
2.1.1. Consultas previas á apertura
2.1.2. Rexistro da marca, nome ou rótulo
2.1.3. ALTA na AEAT
2.1.4. Permisos municipais: local propio / local arrendado
2.1.5. ALTA na TGSS
2.1.6. Apertura de Centro de Traballo
2.1.7. Legalización de Libros obrigatorios
2.2. AS SOCIEDADES MERCANTÍS
2.2.1. Consultas previas á apertura
2.2.2. Rexistro da marca, nome ou rótulo
2.2.3. Certificación negativa do nome da sociedade
2.2.4. Depósito do Capital Social e Escritura pública de Constitución. Protocolización de los Estatutos sociais
2.2.5. ALTA na AEAT / CIF provisional
2.2.6. Liquidación ITP e AJD
2.2.7. Inscrición no Rexistro Mercantil e Rexistros Especiais: Sociedades Laborais e/ou Cooperativas
2.2.8. Permisos municipais: local propio / local arrendado
2.2.9. ALTA na TXSS
2.2.10. Apertura de Centro de Traballo
2.2.11. Legalización de Libros obrigatorios
3. OUTRAS OBRIGAS
3.1. Colexiación e Seguros de Responsabilidade Civil
3.2. Plan de Prevención de Riscos Laborais
3.3. Protección de Datos de Carácter Persoal
3.4. Aspectos básicos de Contabilidade, Fiscal e Laboral
4. ASPECTOS BÁSICOS DA CONTABILIDADE E FINANZAS
4.1. Previsión de Pagamentos
4.2. Custos Fixos e Custos Variables: Punto Morto da actividade
4.3. Balance de Situación e da Conta de Resultados
4.4. Algúns Produtos para o financiamento da empresa
5. APOIOS DO IGAPE AO EMPRENDEMENTO
5.1. Plan de negocio
5.2. Formación
5.3. Información
5.4. Servizo de Creación de empresas de forma telemática
5.5. Programa Re-Emprende
5.6. Mentoring

PUBLICIDADE