O Campus de Ourense achega tecnoloxÃas para optimizar a calidade da colleita de Ribeiro
xoves, 19 de xaneiro do 2017
Predicir
o resultado final da colleita de viño permitirÃa a un colleiteiro
poder
organizar as prácticas culturais, os traballos de bodega, a
contratación de persoal ou seguros agrarios ou
mesmo evitar
fraudes por introdución de uva foránea. Isto
é o que pretende acadar o proxecto estatal levado a cabo por
investigadoras/es
da Facultade de Ciencias de
Ourense (UVigo).
No dito estudo,
que quer establecer modelos de predición da colleita con varios
meses de antelación para as variedades autóctonas de vide da
Denominación de Orixe Ribeiro, estanse a analizar diversos
parámetros como os requirimentos de frÃo e calor das vides. De
ter éxito este proxecto, os colleiteiros
poderán saber a finais de maio ou comezos
de xuño a previsión de cantidade
de uva que van recoller e disporán dunha aplicación para teléfonos
móbil que lles indicará se é preciso ou non fumigar en cada intre.
E
poderán facelo, coa axuda da app,
atendendo non só ás condicións meteorolóxicas senón tamén á
fase da vide e á existencia de patóxeno no aire, feito que
contribuirá á redución de uso de produtos fitosanitarios,
traducÃndose
isto na
calidade do viño e na protección do medio ambiente e do consumidor,
segundo
Francisco
Javier RodrÃguez Rajo, investigador principal do proxecto.
Neste
proxecto, titulado Estratexia para a optimización e
desenvolvemento sostÃbel da colleita de variedades
autóctonas de vide da Denominación de Orixe Ribeiro, participa
un equipo multidisciplinar de especialistas en viticultura, botánica,
fitopatoloxÃa, aerobioloxÃa e modelización estatÃstica con redes
neuronais procedentes de diferentes entidades públicas e privadas,
das universidades de Vigo e Santiago de Compostela, da Cooperativa
VitivinÃcola do Ribeiro e da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
En
resumo, con este estudo preténdese establecer modelos de predición
do inicio das diferentes fases fenolóxicas das variedades brancas de
vide Loureira, Godello, Treixadura e Albariño mediante modelos
fenoclimáticos que cuantifiquen as necesidades de frÃo e calor que
condicionan a rotura da latencia e o posterior inicio do ciclo
reprodutivo, prestando especial atención ás fases de floración e
maduración. Tamén se avaliará a eficacia de fecundación de cada
variedade, a viabilidade dos seus grans de pole e o seu grao de
adaptación á comarca do Ribeiro.
Asemade,
e tirando proveito desta información, as investigadoras e
investigadores tentarán establecer modelos de predición da
concentración de pole no aire e das esporas dos principais fungos
fitopatóxenos na atmosfera dos viñedos do Noroeste de España.