O Campus Noroeste da UNED contará cunha televisión por Internet
mércores, 4 de marzo do 2009
O Campus Noroeste da UNED, integrado polas
delegacións de Asturias, León, Zamora, Salamanca e Galicia, pretende
pór en marcha unha canle televisiva pola Internet que utilizarán os
distintos centros da universidade a distancia. A canle, proposta pola dirección
do campus, será tanto un medio informativo para os estudantes como unha
ferramenta formativa.
O servizo xestionará en directo e en diferido, mediante técnicas de streaming, tanto contidos académicos dos
novos graos do espazo europeo como unha ampla oferta de cursos de formación
continua, extensión universitaria e desenvolvemento cultural. AsÃ, o Campus
Noroeste da UNED programará para o vindeiro ano máis de 100 cursos de extensión
universitaria ofertados polo profesorado do Campus e mais da Sede Central, que
poderán ser seguidos polo estudantes tanto nos centros da UNED como nos seus
fogares.
Tamén se prevé incorporar unha revista dixital que
tratará, ademais de información de interese, artigos sobre os ámbitos do
pensamento e da cultura dirixidos á cidadanÃa en xeral. Asà mesmo, conterá
seccións de docufórum e cinefórum, nos que documentais e filmes se verán
acompañados por comentarios crÃticos de especialistas.
O proxecto vén na liña posta en marcha pola UNED
de organización funcional dos seus centros en redes territoriais, os Campus,
aos que lles outorgou o nivel de vicerreitorados da Universidade.