O Camiño de Santiago tirará proveito das TIC para potenciarse como destino turístico

martes, 17 de setembro do 2013 Redacción

O ministro de Industria, José Manuel Soria, xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, tras a sinatura do convenio que incorpora ao Camiño de Santiago no programa Destinos Turísticos Inteligentes

No marco da presentación en Madrid da colección La Gran Obra de los Caminos de Santiago editada por Hércules Ediciones, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou que hoxe mesmo asinou un convenio de colaboración co ministro de Industria para incorporar as vantaxes da Internet ao Camiño de Santiago. O citado convenio pretende impulsar o Camiño de Santiago como Destino Turístico Intelixente e fixa un orzamento para o proxecto de 1 millóns de euros achegados no 95% polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (con financiamento do programa FEDER) e o 5% restante pola Xunta de Galicia.

O presidente da Xunta na presentación da colección La Gran Obra de los Caminos de Santiago

O convenio prevé desenvolver tres grandes actuacións nesta iniciativa. En primeiro lugar, realizarase unha análise e diagnose da situación actual do Camiño de Santiago para a súa transformación en Destino Turístico Intelixente. Estudaranse os proxectos de mellora da tecnoloxía e do seu uso realizados nos últimos anos a través da Axencia de Turismo de Galicia e o Xacobeo. En segundo lugar, potenciarase o desenvolvemento de aplicacións móbiles e a xeración de contidos. Porase especial interese en desenvolver unha aplicación que permita a obtención da Compostela a través do uso das novas tecnoloxías. Por último, dotarase ao Camiño francés dunha rede Wi-Fi de balde en establecementos de hostalaría.

PUBLICIDADE