O CPETIG facilita o achegamento ás boas prácticas na xestión de proxectos informáticos

luns, 24 de maio do 2010 Redacción

O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) celebrará o vindeiro 17 de xuño no telecentro de Santiago de Compostela, con emisión por videoconferencia aos telecentros de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo (dende os que poderanse participar con preguntas e comentarios aos relatores), un Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos, que busca afondar en conceptos chave para a xestión de proxectos de éxito no eido da informática nun marco de referencia práctico, dando unha visión ampla ao traballo de enxeñeiros e analistas a través de 2 marcos metodolóxicos diferenciados: o modelo CMMI e as metodoloxías áxiles.
A inscrición ao seminario é de balde, e a xornada desenvolverase entre as 15:30 e as 19:50 horas, coa presenza de expertos na material coma Íñigo Tomé (INTECO), David Esmerodes (áxil-mente), José Ramón Díaz (Biko), Carlos G. Jardón (Tecnocom) e José Luis Iparraguirre.
Xa polo miúdo o programa do seminario queda coma segue:
15:30 h: Entrada e rexistro no telecentro
16:00 h: Presentación
16:10 h: A seguridade e as súas certificacións nas PEME. Os SXSI. Iñigo Tomé (INTECO) dentro da súa presentación, realizará unha exposición dos servizos que ofrece o Inteco.
17:00 h: As bases do axilismo: Os principios. David Esmerodes (responsable do grupo de axilismo en Galicia áxil-mente)
17:30 h: Os principios áxiles aplicados: Scrum. José Ramón Díaz (xefe de proxectos en Biko, membro de agile spain)
18:20 h: Descanso de 10 minutos.
18:30 h: A xestion de proxectos como pilar da calidade. Carlos G. Jardón (coordinador de proxectos de banca na Dirección Xeral de Outsourcing en Tecnocom, PMP e EMBA)
19:00 h: A mellora cuantitativa. José Luis Iparraguirre (é High Maturity Lead Appraiser, sendo o único español certificado para avaliacións dos niveis 4 e 5 de CMMI)
19:50 h: Despedida e peche.

PUBLICIDADE