O CPEIG rexeita as declaracións relativas á Enxeñaría Informática do subdirector adxunto do CCN-CERT

luns, 28 de decembro do 2009 Redacción

Fernando Suárez, presidente do CPEIG

O pasado 17 de decembro tivo lugar no Edificio Administrativo de San Caetano una acto de presentación do Equipo de Resposta ante Incidentes de Seguridade da Información para as Administracións Públicas do Centro Criptológico Nacional (CCN-CERT). Durante o transcurso deste acto D. Luis Jiménez, Subdirector Adjunto do Centro Criptológico Nacional, declarou publicamente e textualmente que «a Enxeñaría Informática non é unha enxeñaría como tal » e, a continuación, redundou no erro afirmando categoricamente que «os hacker si usan ferramentas de enxeñaría».
Ao remate do acto, o Presidente do CPEIG, que estaba presente no evento, manifestoulle a Luis Jiménez o malestar do colectivo de enxeñeiros e enxeñeiras en Informática de Galicia polas súas declaracións, e posteriormente remitiulle unha misiva solicitándolle a rectificación das súas palabras de menosprezo á Enxeñaría en Informática e aos profesionais da mesma.

PUBLICIDADE