O CPEIG participa este sábado no Día da Ciencia

mércores, 5 de outubro do 2016 Redacción

O científico galego Ignacio Ribas

A Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) organizará este sábado 8 de outubro unha nova edición do Día da Ciencia, un acontecemento que vai servir para amosar a importancia de seguir apostando dende todas as frontes polo nos potencial científico e, nun plano máis concreto, para render homenaxe a Ignacio Ribas, distinguido como Científico Galego 2016, e no que se lle entregará un premio ao xornalista Raúl Romar. O acto desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Química, no Campus Vida (USC). Expresamente están convidadas/os todas as colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) a través do propio presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos González.
Coa homenaxe deste sábado ao científico Ignacio Ribas, a RAGC quere “reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas”. O recoñecemento, que coincide co vixésimo aniversario do pasamento do investigador, foi aprobado unanimemente polas/os académicas/os, quen tiveron en conta “o papel de Ribas como artífice do despegue da química orgánica en Galicia”.
Dentro tamén dos actos conmemorativos do Día da Ciencia tamén se fará entrega do I Premio Galicia de Xornalismo Científico, que será recollido polo xornalista de La Voz de Galicia Raúl Romar.

PUBLICIDADE