O CPEIG organiza o venres unha xornada sobre as oportunidades e medos que xera a IA

martes, 27 de xuño do 2023 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza esta semana unha xornada sobre Intelixencia Artificial: Oportunidades, regulación e medos, en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e Pintos&Salgado Abogados. A sesión celebrarase o vindeiro venres, 30 de xuño, de 10.00 a 11.30 horas na sede da confederación empresarial en Ourense (praza das Damas, 1) en modalidade presencial e online.
Esta charla forma parte dun ciclo de conferencias que arrincará o venres en Ourense para achegar a Intelixencia Artificial (IA) ao sector empresarial e ao público en xeral interesado nesta disciplina das ciencias da computación.
A presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, presentará a sesión na que intervirán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o avogado Víctor Salgado, socio director da firma referente en Galicia de dereito TIC, Pintos & Salgado Abogados, que achegarán aos asistentes a IA como unha nova expectativa na empresa, abordando a cuestión desde diferentes perspectivas.
A xornada é gratuíta con previa inscrición na ligazón específica habilitada.

PUBLICIDADE