O CPEIG e AMTEGA convídannos a tirar proveito da economía dixital

luns, 16 de outubro do 2017 Redacción

[[[[ Hoxe temos unha cita con nós mesmas/os e coas nosas capacidades innovadoras, vistas (reflectidas) a través de diversos casos de éxito no ámbito TIC. Estamos a falar da Xornada Transformación Dixital e Talento (#XtdT), unha innovadora xuntanza de empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital e das nosas ideas para sacarlle proveito. A cita vén da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
O equipo de relatores que participarán no encontro, “seleccionados polo seu perfil inspirador”, está formado por Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, co-fundador e director executivo de Cyberclick.
O auditorio 2 do Edificio CINC Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, é o lugar elixido para dar acollida ás charlas, en horario de mañá. Ademais, o mago mentalista Javier Luxor actuará de condutor do acto e mesmo realizará algunha pequena actuación.
Programa de actividades
· 10.00 H. Apertura da xornada. Mar Pereira, directora da AMTEGA e Fernando Suárez, presidente do CPEIG
· 10.15H. Presentación de Javier Luxor.
· 10.30H. Constantino Fernández, presidente executivo de Altia Consultores, co relatorio Retos da xestión do talento en servizo de transformación dixital.
· 11.15H. Enrique Dans, profesor de Innovación no IE Business School, co relatorio Carreira profesional: coa innovación como clave.
· 12.00H. Pausa para café
· 12.30H. David Tomás, cofundador e CEO de Cyberclick, falará de A empresa máis feliz do mundo.
· 13.15H. Juan Carrillo, director de Relacións con Clientes de LinkedIn
·14.00H. Peche da xornada
O CPEIG e a AMTEGA unen esforzos na organización da Xornada Transformación Dixital e Talento na procura “dun punto de encontro da mocidade e profesionais que buscan formarse nun dos sectores máis dinámicos da economía española e con máis saídas laborais, e con empresas que achegan a súa experiencia en demanda de recursos humanos no sector TIC”.
O seminario inscríbese no convenio de colaboración que manteñen a AMTEGA e o CPEIG.

PUBLICIDADE