O COI quere pararlle os pés a The Pirate Bay
martes, 19 de agosto do 2008
- The Pirate Bay muda o seu logotipo durante as OlimpÃadas
O Comité OlÃmpico
Internacional remitiu un escrito oficial á ministra de Xustiza sueca, Beatrice
Ask, pedÃndolle axuda para evitar que os vÃdeos dos Xogos aparezan na web The
Pirate Bay para a súa compartición a través da rede BitTorrent. De feito, incluso a web estreou un
logotipo conmemorativo co gallo das OlimpÃadas no que se designa ao
servizo de busca coma The Beijing Bay.
Os vÃdeos dos Xogos en The Pirate Bay terÃan superado o millón de descargas, de
aà a preocupación do COI (que explota comercialmente os dereitos de
retransmisión destes vÃdeos tanto pola televisión como a través da Internet)
resultando especialmente destacable o caso da cerimonia inaugural das
OlimpÃadas, que na súa versión
en alta definición suma máis
de 60.000 descargas.
Cómpre destacar que dende
The Pirate Bay non recibiron ningunha petición do COI para a
eliminación dos vÃdeos sobre os Xogos (moitos buscadores deste tipo retiran os
contidos cando se lles reclama) e tamén que o buscador non é o responsable da
difusión dos clips a través de redes P2P, polo que emprender medidas contra tal
web non afectarÃa á distribución dos vÃdeos gravados da televisión a través da
Rede.