O COETTGA salienta a ciberseguridade e o rol das tecnólogas en Galicia
xoves, 11 de febreiro do 2021
O Colexio Oficial de Enxeñeiros
Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) celebra o Día da Muller e as Nenas na Ciencia poñendo en valor o crecemento exponencial feminino nas carreiras
STEM e en concreto na Enxeñería Técnica de Telecomunicacións en Galicia.
Malia estes datos, a inclusión
das mulleres no sector das telecomunicacións da como resultado impactos
positivos para o desenrolo e a innovación do sector. Ademais, é vital para a
competitividade de calquera empresa e multiplica o talento potencial da
mesma.
Os datos das telecos galegas
Hai unha tendencia clara, as
rapazas e as mulleres cada vez teñen máis presencia no campo das
Telecomunicacións e da Tecnoloxía. Hai unha década a presenza das mulleres que
estudaban Enxeñería Técnica de Telecomunicacións limitábase ao 10-15%
dependendo da área xeográfica. Hoxe en
día supera o 30%, e en certas zonas de España o 50%.
“En Galicia, estamos na media,
acadando unha presenza cada vez máis preto do 40%, e con proxectos e
iniciativas de calado” - afirma Patricia Agrelo, a parte de ser a Secretaria do
COETTGA é membro da directiva da Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros
Técnicos de Telecomunicacións (AEGITT) , tamén desenvolve unha tarefa
importante a nivel nacional dende MiRED
(Rede de Mulleres Enxeñeiras), dende
onde visibilizan o traballo da muller dentro do sector das telecomunicacións e
das carreiras STEM.
“A percepción que temos dende
MiRED é que na maioría dos casos as rapazas teñen identificado que esta é a
carreira que queren estudar, pero non encontran a orientación concreta; mellor
dito, saben ao que queren dedicarse, pero non ven claro que a través do Grao en
Enxeñaría de Telecomunicacións poidan desenvolver tantas capacidades
profesionais, dende a ciberseguridade, tecnoloxías de comunicación,
desenvolvemento de ferramentas como as redes sociais, ou proxectos relacionados
cos drons, coa telefonía, a radio e ou a televisión, entre outros moitos....” – salienta Agrelo.
Semana da Internet Segura. Falamos de Ciberseguridade
Hoxe en día todo xira en torno a
esa nube e a esa Rede na que ineludiblemente todos pasamos por ela, aínda que
non queiramos. A veces para tramitacións coa Administración, outras veces en chamadas
telefónicas aparentemente tradicionais pero que veñen derivadas de teléfonos
IP. Xa non falemos das redes sociais e servizos de mensaxería instantánea, que son
a rutina que guía o noso día a día. Dende que abrimos os ollos pola mañá ata
que os pechamos cada noite.
Como dato curioso, actualmente, WhatsApp está manexando en torno a
120mil millóns de mensaxes diarios. Un aumento exponencial, dado que fai catro
anos a cifra era exactamente a metade.
Este foi o motivo
principal polo que Facebook comprou WhatsApp. Polos datos e a información que
estos conteñen. Pola Big Data.
“¿Pensastes algunha vez en como se trata esa información? ¿Canta
información estamos facilitando diariamente en máis de 120 mil millóns de whatsapps?
¿se a isto lle sumamos a información derivada das redes sociais? Onde amosamos
o día a día de cada quen. É xusto o que calquera empresa ou Goberno quixo ter
sempre, información e imaxes actuais de cada un de nós” – afirma o Decano do
COETTGA, José Manuel Martínez.
Unha cousa está clara. Que a
seguridade como ferramenta en sí existe, implementada de moitas maneiras nas
diferentes aplicacións dispositivos. Tanto a nivel hardware, como software.
Isto é grazas ao traballo dun colectivo
profesional como son os telecos, os graduados e enxeñeiros técnicos
de telecomunicacións. E cabe destacar a profesionalidade e
desenvolvemento dos graduados galegos, así como o bo facer das mulleres
enxeñeiras, que lideran gran parte dos proxectos de novas tecnoloxías e cada
vez teñen máis presencia no sector.
Por último dende o COETTGA transmiten algunhas recomendacións ao respecto:
- Nunca deixes de
aprender. É o primeiro paso, busca información e contacta con profesionais
especializados.
- Mantén actualizado o
software: sistema operativo, programas, navegador, etc.
- Instala un antivirus
e anti-malware confiable, tanto no ordenador como no teu smartphone ou tablet.
- Inspecciona o
sistema polo antivirus de forma periódica.
- Usa contrasinais complexas:
8 caracteres como mínimo, usa díxitos, letras, maiúsculas, minúsculas e
caracteres especiais.
- Usa unha boa devasa
ou firewall.
- Non abras correos
electrónicos sospeitosos.
- Fai copias de
seguridade periodicamente.
- Evita conectarte a
redes públicas.
- Desactiva a Wi-Fi e
o bluetooth sempre que sexa posible.