O COETTGA chama á cidadanÃa a facer un uso seguro das TIC
martes, 24 de marzo do 2020
- José Manuel MartÃnez, decano do COETTGA
O Colexio Oficial de
Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) reuniu ao seu Comité
de Expertos, poñéndose todos eles a disposición das Administracións e Forzas e
Corpos de Seguridade do Estado. Deste xeito, un nutrido grupo de especialistas
de tódolos ámbitos exclusivos dos profesionais das telecomunicacións prestarán
o seu servizo e porán o seu coñecemento en áreas como as redes de telecomunicacións;
a ciberseguridade; os sistemas de telecomunicación, radioenlaces, microondas…;
a intelixencia artificial; a Internet das Cousas; os sistemas electrónicos,
microcontroladores, sensorización…; a vixilancia remota; o son e imaxe, a acústica;
o Big Data; o Blockchain; os drons e a inspección de telecomunicación, entre
outros.
«Podemos realizar estudos
de campo urxentes para coordinar o reforzo e garantir as Telecomunicacións, que
xogan un papel crÃtico, e por iso foi declarada como servizo esencial. Desde o Comité
de Expertos contamos cos coñecementos, a experiencia e o equipamento para facelo» – salienta Santiago Moroño, experto en sistemas de
telecomunicación.
«O teletraballo, a
telemedicina, a televisión, a radio, a Internet, os servizos de Corpos e Forzas
de Seguridade, as comunicacións telefónicas, e moitos máis servizos son
creados, mantidos e mellorados dÃa a dÃa polos enxeñeiros técnicos de
telecomunicacións, que son os competentes na xestión de todas esas novas e
antigas infraestruturas que permiten que industrias, comercios, sanidade,
defensa, transportes , turismo e moitas transversais máis, poidan prestar os seus
servizos de forma invisible pero extremadamente eficaz» – engade Prefeuto
Meixengo, experto en Telecomunicacións e ex-xefe provincial de Inspección de
Telecomunicacións de Lugo.
Heroes anónimos
Despois desta situación
na que estamos a nivel mundial, «considero aos Enxeñeiros Técnicos de
Telecomunicacións como heroes invisibles desta era. O núcleo da nosa profesión
é o mantemento das redes e garantir a estabilidade das mesmas. Somos os
responsables de garantir as Telecomunicacións entre o fogar, as empresas, os
clientes e a Administración», salienta José Manuel MartÃnez, decano do
COETTGA.
Grazas a estes
profesionais, os netos poden seguir saudando aos seus avós, unha familia illada
pode facer a compra sen moverse da casa, temos os datos de infectados polo COVID-19
en tempo real, os sanitarios e as Forzas e Corpos de Seguridade poden seguir
prestando o seu servicio. En definitiva, o motor do noso paÃs segue en marcha
grazas as telecos.
«Non se nos ten en conta
o suficiente. Nunca un Goberno, as empresas e a sociedade nomearon tanto as
Telecomunicacións e chegar a recoñecerlle o rango de servizo básico, pero fálase
pouco dos telecos, das persoas. De xeito que, a España dos balcóns non
está alporizada, porque está conectada» – engade MartÃnez.
Advertencia aos cidadáns
Dende o COETTGA advirten de que a cidadanÃa practicamente está expoñendo publicamente unha imaxe da súa casa, da súa actividade diaria; o que pode comprometer a nosa seguridade nestes dÃas. A Rede está a monitorizarse constante e continuamente, non só agora, senón que esta información (vÃdeos, fotos, localizacións, etc.) permanecerán na Internet no futuro, polo que calquera poderÃa saber onde vives, coñecer a distribución da túa casa, saber até onde tes os armarios ou que roupa tes en cada armario, algo que debemos evitar, para o que é preciso exercer certa responsabilidade, tanto por parte dos mozos como dos adultos, que actualmente son a poboación máis inconsciente no que respecta ao uso seguro das TIC.